DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2007 Páx. 19.654

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e innovación e das titulacións.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 70, do 11 de abril de 2007, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 5.661, anexo VI, onde di: «Equivalencia entre actividades de innovación educativa e a formación permanente do profesorado», debe dicir: «Equivalencia entre actividades de formación permanente do profesorado e actividades de innovación educativa, programas europeos e outras».