Mediante a Resolución do 10 de abril de 2007 (DOG nº 74, do 17 de abril), convocáronse en concorrencia competitiva determinadas liñas de axuda das bases reguladoras para o fomento das iniciativas xeradoras de coñecemento nas Pemes galegas, publicadas mediante Resolución do 9 de marzo de 2007 (DOG nº 59, do 23 de marzo). As mencionadas bases diríxense ao fomento das actuacións que lles permitan ás Pemes galegas a mellora da súa planificación empresarial e a reflexión de cara a abordar con maiores garantías de éxito a súa consolidación e crecemento.
O artigo 10 do capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape (DOG nº 59, do 23 de marzo de 2007) establece que, de conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, o Instituto Galego de Promoción Económica publicará as axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras para o fomento das iniciativas xeradoras de coñecemento nas Pemes galegas no Diario Oficial de Galicia.
Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.E4/10/01.656700, 02.02.E4/10/02.656700 e 02.02.E4/10/03.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.
En virtude do exposto anteriormente,
RESOLVO:
Único.-Darlle publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas na convocatoria do 10 de abril de 2007 ao abeiro das bases reguladoras para o fomento das iniciativas xeradoras de coñecemento nas Pemes galegas durante o terceiro trimestre de 2007, que figura como anexo.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2007.
Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández
Director xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica
Ver referencia pdf "23700D013P078.PDF"