DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2007 Páx. 19.415

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2007 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de novembro, polo que se declara municipio turístico galego o concello de Laxe.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de novembro de 2007, adoptou por proposta do conselleiro de Innovación e Industria, o seguinte acordo:

Declarar municipio turístico galego o concello de Laxe, de conformidade co establecido no artigo 13 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ao concello correspondente.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2007.

Fernando Xavier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria