DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2007 Páx. 19.354

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2007 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo.

Mediante a Resolución do 22 de novembro de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 229, do 28 de novembro), convocáronse en concorrencia competitiva as axudas á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo, segundo as bases reguladoras publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 40, do 27 de febreiro de 2006. As mencionadas bases desenvolven o conxunto de actuacións para a mellora da produtividade empresarial mediante a innovación e desenvolvemento, cooperación e modernización do tecido produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co establecido na súa base 4.6.3.2, elaborouse unha lista de espera co fin de que, de se produciren desistencias ou renuncias entre os proxectos aprobados, puidesen ser propostos para a concesión, por estrita orde de puntuación acadada.

Unha vez producidas desistencias e renuncias entre os proxectos aprobados, propuxéronse para concesión os proxectos que estaban na lista de espera por estrita orde de puntuación acadada e ata esgotarse o crédito dispoñible.

Na súa base 13 establecen que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das mencionadas bases.

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.E2/10/03.656700 e 02.02.E4/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas aos proxectos que estaban na lista de espera na convocatoria do 22 de novembro de 2006, segundo as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo durante o terceiro trimestre de 2007, que figura como anexo.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2007.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Ver referencia pdf "23600D009P026.PDF"