Mediante a Resolución do 10 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 74, do 17 de abril), convocáronse en concorrencia competitiva determinadas liñas de axuda das bases reguladoras de apoios a proxectos colaborativos de carácter empresarial, publicadas mediante Resolución do 9 de marzo de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 23 de marzo). As mencionadas bases diríxense á mellora da competitividade empresarial mediante a actuación e coordinación do tecido asociativo a través de proxectos propostos por organismos intermedios en xeral e agrupacións empresariais innovadoras en particular.
O artigo 10 do capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 23 de marzo de 2007) establece que, de conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, o Instituto Galego de Promoción Económica publicará as axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras de apoios a proxectos colaborativos de carácter empresarial no Diario Oficial de Galicia.
Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.E1/10/02.651800, 02.02.E1/10/02.656800, 02.02.E4/10/02.656450 e 02.02.E4/10/02.656800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.
En virtude do exposto anteriormente,
RESOLVO:
Único.-Darlle publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas na convocatoria do 10 de abril de 2007 ao abeiro das bases reguladoras de apoios a proxectos colaborativos de carácter empresarial durante o terceiro trimestre de 2007, que figura como anexo.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2007.
Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
Ver referencia pdf "23600D009P026.PDF"