DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2007 Páx. 19.272

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de novembro de 2007 pola que se modifica a do 6 de outubro de 2003, pola que se fai pública a composición do Consello Galego de Universidades.

Pola Orde do 6 de outubro de 2003 fíxose pública a composición do Consello Galego de Universidades.

A Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades, regula a composición deste órgano colexiado no seu artigo 7º, e na alínea f) do seu punto 1 establécese que formarán parte do mesmo cinco membros designados pola comisión do Parlamento de Galicia competente en materia universitaria, en proporción á súa representación no Pleno do Parlamento.

Con data do 23 de novembro de 2007, a Comisión 4ª, Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia procedeu á elección, pola expiración do período de mandato, dos cinco membros que lle corresponde designar no Consello Galego de Universidades.

Por todo iso, e de conformidade co previsto no artigo 7.2º, parágrafo segundo, da Lei 2/2003

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificar o artigo único, punto 3, alínea d) da Orde do 6 de outubro de 2003, pola que se publica a composición do Consello Galego de Universidades, para nomear como membros elixidos polo Parlamento de Galicia a:

-Xosé Manuel Cid Fernández.

-Manuel Ladra González.

-José Eduardo López Pereira.

-Carlos Pajares Vales.

-Federico Vilas Martín.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria