DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2007 Páx. 19.272

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 27 de novembro de 2007 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás cales representen aqueles.

Por outra parte, a teor do previsto no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de xuño de 2002 no que se fixou a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría, nel intégrase un representante dos concellos de Cervo e Xove, que alternarán cada dous anos.

Tendo en conta que mediante a Orde do 24 de maio de 2005 (publicada no DOG do 2 de xuño) se dispuxo o nomeamento de vogal en representación do Concello de Cervo, é polo que, transcorrido o período de dous anos antes indicado, cómpre agora nomear como vogal o representante do Concello de Xove.

Polo exposto, vista a proposta do Concello de Xove, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O nomeamento de José Demetrio Salgueiro Rapa como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría, en representación do Concello de Xove.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes