DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2007 Páx. 19.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 23 de novembro de 2007 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de subvencións públicas mediante contratos programa para a formación de persoas traballadoras ocupadas na Comunidade Autónoma de Galicia para 2007, convocadas pola Orde do 6 de agosto de 2007.

A Orde do 6 de agosto de 2007 (DOG nº 160, do 20 de agosto), establece na súa disposición adicional segunda que se poderán efectuar resolucións complementarias no caso de que haxa incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma, que deberán provir de incorporacións, ampliacións, remanentes ou xeracións de crédito.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 6 de agosto de 2007, coa finalidade de facérllelas chegar estas ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 6 de agosto de 2007, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007:

16.03.323B.481.0 polo importe de 858.927 euros, código proxecto 200700656.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2007.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo