DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2007 Páx. 19.200

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2007 pola que se adxudican as subvencións correspondentes ás tecnoloxías de medio natural e desenvolvemento sostible (MDS) e tecnoloxías dos materiais e da construción (TMT) dos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), convocadas na Orde do 26 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) modificada pola do 15 de outubro (Diario Oficial de Galicia do 28 de outubro).

Por Orde do 26 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) establécense as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2007. A mencionada convocatoria, establece que os programas están dirixidos a diferentes tecnoloxías sectoriais entre as que figuran as de medio natural e desenvolvemento sostible (MDS) e tecnoloxías dos materiais e da construción (TMT).

De conformidade co disposto nas bases da citada orde da convocatoria, vistas as propostas de resolución formuladas polas comisións de valoración e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-En relación coas solicitudes correspondentes á tecnoloxía sectorial de medio natural e desenvolvemento sostible (MDS):

1. Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de equipos de investigación de universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, aos beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que se sinalan.

No anexo II relaciónanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada a que se produzan baixas nas axudas concedidas.

2. Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia aos beneficiarios que se relacionan no anexo III desta resolución, nas contías que se sinalan.

No anexo IV relaciónanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada a que se produzan baixas nas axudas concedidas.

As axudas que se relacionan nos anexos I, II, III e IV comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementada nun 15% destinado aos gastos institucionais que a súa execución lle supón ao organismo a que pertence o investigador responsable.

3. Conceder as axudas para a realización de proxectos de I+D de empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación, aos beneficiarios que se relacionan no anexo V desta resolución.

No anexo VI relaciónanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada a que se produzan baixas nas axudas concedidas.

Segundo.-En relación coas solicitudes correspondentes á tecnoloxía sectorial de tecnoloxías dos materiais e da construción (TMT).

1. Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de equipos de investigación de universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, aos beneficiarios que se relacionan no anexo VII desta resolución, nas contías que se sinalan.

No anexo VIII relaciónanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada a que se produzan baixas nas axudas concedidas.

2. Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia aos beneficiarios que se relacionan no anexo IX desta resolución, nas contías que se sinalan.

No anexo X relaciónanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada a que se produzan baixas nas axudas concedidas.

As axudas que se relacionan nos anexos I, II, III, IV, VII, VIII, IX e X comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementada nun 15% destinado aos gastos institucionais que a súa execución lle supón ao organismo ao que pertence o investigador responsable.

3. Conceder as axudas para a realización de proxectos de I+D de empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación, aos beneficiarios que se relacionan no anexo XI desta resolución.

No anexo XII relaciónanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada a que se produzan baixas nas axudas concedidas.

Os proxectos incluídos nos anexos I, III, V, VII, IX e XI que así o indican, están cofinanciados nun 75% con fondos Feder e nun 25% con FCI na anualidade correspondente ao ano 2007.

Terceiro.- Para poder percibir as axudas correspondentes será preciso presentar, na data límite do 10 de decembro de 2007, a documentación indicada no artigo 6 dos anexos I, II, III e IV da Orde do 26 de abril de 2007 (DOG nº 93, do 15 de maio).

Cuarto.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2007.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "23400D002P008.PDF"