DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2007 Páx. 18.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de novembro de 2007 pola que se resolve a convocatoria da do 11 de xuño para a concesión de axudas a conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública.

Por Orde do 11 de xuño de 2007 (DOG do 25 de xuño) publicouse a convocatoria para a concesión de axudas a conservatorios de música non dependentes desta consellería e de titularidade pública.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlles as subvencións, nas contías que se sinalan, aos conservatorios de música que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, antes do 14 de decembro de 2007, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, e de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo), os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "23000D006P013.PDF"