DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2007 Páx. 18.949

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 26 de novembro de 2007 pola que se determinan os servizos mínimos que hai que manter durante a folga convocada no sector do transporte de viaxeiros por estrada na provincia de Ourense.

Ante a convocatoria de folga presentada no sector do transporte de viaxeiros por estrada na provincia de Ourense polas organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, que terá lugar desde as 00.00 horas ata as 24.00 horas os días 29 e 30 de novembro e 4 e 5 de decembro, e, a partir do día 12 de decembro, con carácter indefinido, todos os mércores, xoves e venres de cada semana (incluído o día 12), procede que, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, esta consellería determine os servizos mínimos que permitan, en consonancia co establecido no artigo 28.2º da nosa Constitución compaxinar o exercicio lexítimo do dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servizos esenciais á comunidade.

O exercicio do dereito de folga recoñecido no artigo 28.2º da Constitución debe ser compatible co respecto a outros dereitos fundamentais que asisten aos cidadáns e que teñen o mesmo rango constitucional que o dereito de folga.

Eses dereitos fundamentais individuais que é necesario protexer son o dereito á educación, ao traballo, á libre circulación, liberdade de empresa e protección da produtividade, vida familiar, descanso, ocio, cultura, goce do ambiente, defensa dos consumidores, etc. Estes dereitos, o mesmo que o dereito de folga, vinculan aos poderes públicos en canto á súa defensa e salvagarda.

A folga convocada afecta a todo o sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia de Ourense repercutindo nos servizos que se prestan por parte de diversas empresas concesionarias nas catro provincias da comunidade autónoma e que realizan rutas que comunican as principais cidades de Galicia (Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo).

Estas cidades son centros de atracción de usuarios onde estes reciben todo tipo de servizos esenciais para os cidadáns. Nas cidades están situados os centros educativos (ensino de todos os niveis incluídos os campus universitarios), hospitais, ambulatorios, centros asistenciais de todo tipo, centros de traballo, comercio, ocio e esparexemento.

Deben pois establecerse uns servizos mínimos de comunicación entre as cidades e de comunicación coas cidades. A carencia de servizos de transporte non limita só o dereito á libre circulación senón que actúa de forma directa sobre o exercicio doutros dereitos constitucionais que han de ser protexidos.

Cada unha das rutas e número de servizos establecidos son necesarios para garantir a ida e retorno das cidades. Naqueles supostos nos que se produce unha coincidencia parcial de servizos esta faise imprescindible. A eliminación desas coincidencias determinaría a eliminación de servizos de forma que partes importantes do territorio e da poboación carecerían absolutamente de comunicación ao non ser posible integrar nunha soa liña rutas que son completamente distintas aínda que teñan coincidencias parciais.

O servizo de transporte en autobús ten un carácter estratéxico no esquema de mobilidade desta comunidade autónoma fundamentalmente pola diseminación da poboación e a escasa cobertura que ofrece o transporte ferroviario. A rixidez intrínseca, derivada da infraestrutura pola que se presta, fai que este modo non poida chegar ata núcleos de poboación que son necesariamente cautivos do servizo de transporte en autobús.

Considera, en consecuencia, esta Administración que a carga de traballo que se impón aos traballadores co número de servizos concesionais fixados como mínimos nesta orde non pode, en defensa dos dereitos dos usuarios, considerarse lesiva ao dereito de folga.

Respecto ao servizo de escolares, a especial protección que ten o dereito á educación e a circunstancia de que este estea intimamente vencellado en Galicia ao transporte público en autobús pola extrema diseminación poboacional antes referida (Galicia representa máis dun terzo do orzamento global do transporte escolar público estatal) xustifica a obrigatoriedade de garantir todos os servizos neste eido como mínimos, debendo citarse que esta medida só foi contestada en supostos puntuais de folga xeral pola súa incongruencia co nivel de servizos mínimos establecido para os ensinantes.

Os servizos de traballadores establécense, a ida antes das 9.00 horas e o retorno despois das 18.00 horas. A especificidade destes transportes deriva de que responden a un segmento da oferta que non pode ser cuberto polos servizos regulares de uso xeral.

A recollida en diversos puntos, que xeralmente só ten coincidencia parcial cos servizos concesionais, o destino en puntos como polígonos industriais, normalmente afastados dos destinos destes derradeiros servizos, as condicións tarifarias específicas con custos moito máis reducidos e os horarios específicos, se é o caso, constitúen xustificación dabondo para regular un réxime específico para o transporte de traballadores. Neste sentido, contrapésase o dereito de folga garantindo o servizo de ida antes das 9.00 horas e o de retorno despois das 18.00 horas. Isto xa implica unha afectación na normal prestación do servizo. Así ocorre cun colectivo moi numeroso de funcionarios da Administración pública (máis de 1.000) que son transportados a diario, resultando menoscabado o seu servizo ao verse obrigados a retrasar o retorno preto de 3 horas.

Debe, pois, apreciarse na regulación dos servizos mínimos para o transporte de traballadores unha valoración equilibrada dos intereses destes a acceder aos seus postos de traballo e da sociedade en xeral a manter un nivel de prestación de servizos públicos eficiente que permita o exercicio de dereitos constitucionais por unha banda, e do exercicio do dereito de folga dos sindicatos por outra.

Na súa virtude, e de conformidade co establecido no Decreto 155/1988, do 9 de xuño,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os servizos mínimos que deberán manterse durante a folga convocada no sector do transporte de viaxeiros na provincia de Ourense serán os seguintes:

a) Servizos concesionais:

Concesión: V-3048; XG-343.

Concesionaria: Autos A. González, S.L.

-Ourense-Sta. Mariña-Rioseco-Maceda-Xunqueira de Espadanedo:

Saída de Xunqueira: 7.30 horas.

Saída de Ourense: 12.45 horas.

-Celeirón-Pías-Xinzo da Costa-Maceda-Ourense:

Saída de Celeirón: 6.15 horas.

Saída de Ourense: 18.15 horas.

-Ourense-Ourense por Zamorana-A Fábrica-Quintela-San Xés-Rioseco e Solveira (circular).

Saídas de Ourense: 10.00 e 18.30 horas.

Concesión: V-7064; XG-438.

Concesionaria: Auto Industrial, S.A.

-Ourense-Ribadavia-A Cañiza-Vigo:

Saída de Ourense: 6.00 horas e 20.30 horas

Saídas de Vigo: 8.30 e 20.45 horas.

-Ourense-Maside-O Carballiño-Soutelo de Montes-Pontevedra:

Saída de Ourense: 13.00 horas.

Saída de Pontevedra: 9.15 horas.

-O Carballiño-Maside-Barbantiño-Untes-Ourense:

Saídas do Carballiño: 7.45 e 18.40 horas.

Saídas de Ourense: 10.30 e 19.30 horas.

-Doade-Ribadavia-Ourense:

Saída de Doade: 10.30 horas.

Saída de Ourense: 19.00 horas.

-Monforte de Lemos-Peares-Ourense- Vigo:

Saída de Monforte de Lemos: 9.15 horas.

Saída de Vigo: 11.30 horas.

Concesión: V-7043; XG-417.

Concesionaria: Aguas de Incio, S.A.

-Ourense-Cea-Rodeiro:

Saída de Rodeiro: 6.30 horas.

Saída de Ourense: 18.00 horas.

-Ourense-Ribadavia-O Carballiño.

Saída do Carballiño: 8.00 horas.

Saída de Ourense: 10.30 horas.

-Ourense-O Carballiño por Cea:

Saída do Carballiño: 11.00 horas.

Saída de Ourense: 19.00 horas.

-Ourense-Trasalba por Tamallancos e Amoeiro:

Saídas de Trasalba: 7.15 e 18.30 horas.

Saídas de Ourense: 13.00 e 18.00 horas.

Concesión: V-3269; XG-365.

Concesionaria: Empresa Villalón, S.A.

-Feces de Abaixo-Verín-Xinzo de Limia-Allariz-Ourense:

Saídas de Feces de Abaixo: 6.00 horas.

-Ourense-Allariz-Xinzo da Limia-Verín por N-525:

Saídas de Verín: 13.15 e 18.45 horas.

Saídas de Ourense: 12.15 e 18.00 horas.

-Ourense-Xinzo da Limia-Verín por A-52.

Saídas de Ourense: 6.30 e 20.30 horas.

Saídas de Verín: 8.00 e 22.00 horas.

-Randín-Ponteliñares-Vilar de Santos-Xinzo da Limia-Ourense:

Saída de Randín: 7.00 horas.

Saída de Ourense: 12.15 horas.

-Maceda-Baños de Molgas-Xunqueira de Ambía- Salgueiros-Venda do Río-Ourense:

Saída de Maceda: 7.10 horas.

-Ourense-Taboadela-Allariz-Xunqueira de Ambía- Baños de Molgas-Maceda.

Saída de Ourense: 19.00 horas.

-Sobradelo-Xunqueira de Ambía-Allariz-Taboadela-Ourense:

Saída de Sobradelo: 7.30 horas.

Saída de Ourense: 13.30 horas.

-Sobradelo-Casasoá-Abeleda-Xunqueira de Ambía-Salgueiros-Venda do Río-Seixalvo-Ourense:

Saída de Ourense: 18.30 horas.

-Celanova-A Bola-Allariz-Gundiás-Ourense.

Saída de Celanova: 7.15 horas.

-Ourense-Taboadela-Gundiás-Rial-Podentes-Celanova.

Saída de Ourense: 12.45 horas.

-Ourense-Campus Universitario-As Lagoas-Allariz:

Saídas de Allariz: 7.15, 8.15, 19.15 e 19.45.

Saídas de Ourense: 7.40, 8.00, 18.05 e 20.45 horas.

-Ourense-Polígono Barreiros.

Saída de Ourense: 7.30 horas.

Saída Polígono Barreiros: 18.30 horas.

-Verín-Ourense-Santiago de Compostela:

Saída de Ourense: 19.00 horas.

Saída de Verín: 8.00 horas.

Concesión: V-3274; XG-366.

Concesionaria: Aguas de Incio, S.A.

-Viana do Bolo-A Pobra de Trives-Castro Caldelas-Ourense:

Saída de Viana do Bolo: 6.00 horas.

Saída de Ourense: 18.00 horas.

-A Pobra de Trives-Castro Caldelas-Ourense:

Saída da Pobra de Trives: 11.15 horas.

Saída de Ourense: 12.45 horas.

-Sacardebois-Parada do Sil-Luíntra-Loñoá-Faramontaos-O Pereiro de Aguiar-Ourense:

Saída de Sacardebois: 6.30 horas.

Saídas de Ourense: 18.30 horas.

Concesión: V-7060; XG-434.

Concesionaria: Anpián, S.A.

-Ourense-Maceda-Xinzo de Limia:

Saída de Ourense: 6.50 horas.

Saída de Xinzo de Limia: 18.00 horas.

-Ourense-Maceda-Laza-Verín:

Saída de Verín: 6.30 horas.

-Ourense-Maceda-Vilar de Barrio:

Saída de Ourense: 12.45 horas.

-Ourense-Celanova-Bande-Lobios-Entrimo:

Saídas de Entrimo: 6.45 e 18.20 horas.

Saídas de Ourense: 7.50 e 18.00 horas.

-Muíños-Barrio-Xinzo de Limia-Ourense:

Saída de Muíños: 7.15 horas.

Saída de Ourense: 18.00 horas.

-Rial-Rante-San Cibrao das Viñas-Ourense:

Saída de Rial: 7.20 horas.

-Cortegada-Celanova-A Merca-San Cibrao das Viñas-Ourense.

Saída de Cortegada: 13.15 horas.

Saída de Ourense: 19.00 horas.

-Cortegada-San Lourenzo-Gomesende-Quintela de Leirado-Matamá-Cerdal-Celanova-Bentraces-Ourense.

Saída de Cortegada: 7.05 horas.

Saída de Ourense: 11.00 horas.

-Ponte Barxas-Arnoia-Ribadavia-Ourense:

Saída de Ponte Barxas: 6.55 horas.

Saída de Ourense: 13.15 horas.

-Cartelle-Outomuro-A Manchica-Bentraces-Ourense:

Saída de Cartelle: 7.20 horas.

Saída de Ourense: 19.00 horas.

-As Lagoas (Ourense)-A Valenzá-Barbadás-Cobrado-Bentraces-As Lagoas-Castadón-Cachamuíña- Monterrei-As Lagoas-Alameda (Ourense):

Saídas de As Lagoas (Ourense): 6.50 e 13.00 horas.

-Valenzá-Carrefour-Marcelo Macías-Posío-Alameda-P. S. Lázaro-As Lagoas:

Saídas da Valenzá: 7.00, 8.10, 8.35, 18.00, 19.00, 19.30 e 19.55 horas.

Saídas das Lagoas: 7.20, 8.35, 9.00, 18.30, 19.30, 20.00 e 21.00 horas.

Concesión: V-7070; XG-444.

Concesionaria: Anpián, S.A.

-Ourense-Polígono de San Cibrao das Viñas:

Saídas de Ourense: 6.20, 7.15, 8.20, 18.15 e 19.30 horas.

Saídas do Polígono: 6.50, 7.50, 9.00, 18.50 e 20.00 horas.

Concesión: V-7067; XG-441.

Concesionaria: Autos Gómez, S.L.

-Os Peares-A Peroxa-Gueral-Cambeo-Ourense:

Saída dos Peares: 7.00 horas.

Saída de Ourense: 12.55 horas.

-Besteiros-Mirallos-A Peroxa-Vilarchao-Ourense:

Saída de Besteiros: 7.00 horas.

Saída de Ourense: 12.55 horas.

-A Peroxa-Barra de Miño-Belesar-Rivela-Ourense:

Saída da Peroxa: 7.30 horas.

Saída de Ourense: 12.55 horas.

Concesión: V-7054; XG-428.

Concesionaria: Autocares Alfer, S.A.

-Castro de Carballedo-Río-Vilamarín-Ourense:

Saída de Castro de Carballedo: 7.20 horas.

Saída de Ourense: 12.55 horas.

-Fontefiz-Belesar-Ourense:

Saída de Fontefiz: 7.30 horas.

Saída de Ourense: 13.00 horas.

-Gundiás-Sabadelle-Ourense:

Saída de Gundiás: 7.35 horas.

Saída de Ourense: 11.45 horas.

-Ourense-Moreiras-Sanatorio Psiquiátrico de Toén:

Saídas de Ourense: 7.20 e 21.20 horas.

Saídas Sanatorio: 8.10 e 22.10 horas.

Concesión: V-1530; XG-092.

Concesionario: Empresa Toén, S.L.

-Santo Tomé-Toén-Ourense:

Saída de Santo Tomé: 7.30 horas.

Saída de Ourense: 13.10 horas.

-Trelle-Ourense:

Saídas de Trelle: 8.00 e 22.00 horas.

Saídas de Ourense: 7.30 e 21.30 horas.

-Ourense-Sanatorio de Piñor-Piñor:

Saídas de Ourense: 6.00 e 20.30 horas.

Saídas do Sanatorio: 6.30 e 21.10 horas.

-Piñor-Parada-Ourense:

Saída de Piñor: 6.30 horas.

Saída de Ourense: 20.30 horas.

Concesión: V-0224; XG-010.

Concesionaria: Autos González, S.L.

-Ponte-Cornoces-Liñares-Bóveda-Ourense:

Saída de Ponte: 7.30 horas.

Saída de Ourense: 19.00 horas.

-Ourense-Cabeanca por Quintela:

Saída de Ourense: 7.30 horas.

Saída de Cabeanca: 18.00 horas.

b) Servizos regulares de uso especial para transporte de obreiros e funcionarios.

Todos os servizos nas expedicións anteriores ás 9.00 horas garantindo o retorno despois das 18.00 horas.

c) Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares e estudiantes.

Deberánse manter todos os servizos de escolares e estudantes nas expedicións normalmente establecidas de luns a venres lectivos.

Artigo 2º

O incumprimento da obriga de atender os servizos mínimos fixados nesta orde, será sancionado de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 3º

O disposto nesta orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece aos traballadores.

Disposición final

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial Obras Públicas

e Transportes