DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2007 Páx. 18.775

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de novembro de 2007 pola que se modifica a do 20 de abril, pola que se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que remate os seus estudos universitarios no ano 2007 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, ampliando a contía global máxima destinada aos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 20 de abril de 2007, pola que se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que remate os seus estudos universitarios no ano 2007 nas universidades do sistema universitario de Galicia, establece no seu artigo 2º a contía global máxima que se destinará para a concesión destas axudas.

Nembargantes, o mesmo artigo establece que tal cantidade poderá ser incrementada de acordo coas dispoñibilidades económicas da Consellería.

Por todo o exposto, e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificación da Orde do 20 de abril de 2007, pola que se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que remate os seus estudos universitarios no ano 2007 nas universidades do sistema universitario de Galicia.

O artigo 2º da citada orde queda redactado como segue:

«A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria financiará estes premios con cargo á partida orzamentaria 09.04.422C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 e cunha contía global máxima de 203.000 €».

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria