DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2007 Páx. 18.774

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 8 de novembro de 2007 sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Zas (A Coruña).

I. Antecedentes.

I.1. Esta consellería mediante Orde do 7-9-2007 acordou, de conformidade co punto 5.a) do artigo 85 da Lei 9/2002, outorgar a aprobación definitiva parcial ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Zas suspendendo a aprobación do Plan xeral naqueles ámbitos que se sinalaban na propia orde, quedando pendentes da corrección das súas deficiencias polo concello.

I.2. O Pleno do Concello de Zas aprobou o 10-10-2007 as modificacións introducidas no Plan Xeral de Ordenación Municipal, logo dos informes emitidos polos servizos técnicos e xurídicos municipais en data 8-10-2007.

I.3. O expediente municipal foille remitido á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para resolver sobre a súa aprobación definitiva, e tivo entrada no rexistro desta na data 17-10-2007, complementado con documentación que tivo entrada neste rexistro con data 5-11-2007.

II. Consideracións e fundamentación.

II.1. De conformidade co disposto no artigo 89.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, correspóndelle á conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes resolver sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

II.2. A Dirección Xeral de Urbanismo elevou o 6-11-2007 un informe-proposta no cal se analiza o contido da documentación presentada nos seguintes termos:

1. Para o cumprimento da Orde do 7-9-2007, o Concello de Zas presenta un exemplar do Plan Xeral de Ordenación Municipal no cal aparecen corrixidas as deficienzas sinaladas nesta.

2. O concello deberá remitir dous exemplares máis do documento (Orde do 26-10-1984), para que esta consellería proceda a efectuar a dilixencia de aprobación definitiva.

III. Resolución.

En virtude de todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 85.5º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Outorgar a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Zas.

Segundo.-De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Cuarto.-Notifíqueselle esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes