DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2007 Páx. 18.773

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 8 de novembro de 2007 sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Paradela (Lugo).

I. Antecedentes.

I.1. Esta consellería mediante Orde do 10 de abril de 2007 acordou, de conformidade co punto 5.a) do artigo 85 da Lei 9/2002, outorgar a aprobación definitiva parcial ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Paradela suspendendo a aprobación do plan xeral naqueles ámbitos que se sinalaban na propia orde, quedando pendentes da corrección das súas deficiencias polo concello.

I.2. O Pleno do Concello de Paradela aprobou o 26-7-2007 as modificacións introducidas no Plan Xeral de Ordenación Municipal, logo dos informes emitidos polos servizos técnicos e xurídicos municipais en data do 20-7-2007.

I.3. O expediente municipal foi remitido á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para resolver sobre a súa aprobación definitiva, tendo entrada no rexistro desta en data do 24-8-2007.

II. Consideracións e fundamentación.

II.1. De conformidade co disposto no artigo 89.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, correspóndelle á conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes resolver sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

II.2. A Dirección Xeral de Urbanismo elevou en data do 7-11-2007 un informe-proposta no que se analiza o contido da documentación presentada nos seguintes termos:

1. Para o cumprimento da Orde do 10 de abril de 2007, o Concello de Paradela presenta un exemplar do Plan Xeral de Ordenación Municipal no que aparecen corrixidas as deficiencias sinaladas nela.

2. O concello deberá remitir dous exemplares máis do documento (Orde do 26 de outubro de 1984), para que esta consellería proceda a efectuar a dilixencia de aprobación definitiva.

III. Resolución.

En virtude de todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 85.5º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia,

RESOLVO:

1. Outorgar a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Paradela.

2. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente.

3. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

4. Notifíqueselle esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes