DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2007 Páx. 18.771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2007 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 29 de marzo de 2007, da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento e pola que se convocan as correspondentes ao ano 2007.

Conforme o establecido polo primeiro parágrafo do artigo 9 da Resolución do 29 de marzo de 2007, da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento e pola que se convocan as correspondentes ao ano 2007, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas con indicación da entidade beneficiaria, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola resolución da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, do 2 de xullo, para a execución de proxectos de consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento, por un importe global de douscentos oitenta e tres mil trinta e cinco euros (283.035 euros), nas contías, beneficiarios/as e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2007.

P.S. (Orde 1-10-2007)

Gumersindo Guinarte Cabada

Secretario xeral da Presidencia

Ver referencia pdf "22800D001P007.PDF"