DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2007 Páx. 18.700

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

DECRETO 219/2007, do 8 de novembro, polo que se modifica o Decreto 506/2005, do 22 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Mediante o Decreto 506/2005, do 22 de setembro, aprobouse a estrutura orgánica do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Non obstante, o desenvolvemento práctico das competencias e funcións atribuídas ás distintas unidades administrativas aconsellan introducir algunhas modificacións na devandita estrutura co fin de potenciar e incrementar o control das normas e as inspeccións.

Tamén se acolle unha asesoría xurídica propia do IGVS, con rango de subdirección xeral e dependente da Asesoría Xurídica Xeral.

En consecuencia, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo, tras os informes favorables da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de novembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificación do Decreto 506/2005, do 22 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

O Decreto 506/2005, do 22 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo, queda modificado como segue:

Un.-No artigo 6º, o punto 4 queda redactado nos seguintes termos:

«Dependendo organicamente da xerencia do IGVS, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirá unha asesoría xurídica que depende funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral».

Dous.-No artigo 9º, engádese unha nova letra a) ao punto 9.2.3. Servizo de Inspección, que queda redactado nos seguintes termos:

«Ao servizo de inspección correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) Planificar, dirixir, coordinar e, se é o caso, efectuar as inspeccións nas vivendas de protección autonómica e vivendas libres nas materias competencia da Consellería de Vivenda e Solo.

b) Planificar, dirixir, coordinar e, se é o caso, efectuar as inspeccións de ocupación, usos e transmisións nas vivendas de promoción pública e locais propios do instituto.

c) A inspección para verificar o cumprimento da normativa reguladora do uso e transmisión das vivendas de protección pública ou libres de promoción privada.

d) Propoñer as resolucións que procedan en relación coas denuncias efectuadas ou as inspeccións feitas.

e) Efectuar as inspeccións relativas a non-pagamentos de morosos e propoñer e tramitar, en coordinación cos responsables provinciais, os expedientes de resolución de contratos e desafiuzamentos».

Tres.-No artigo 14º suprímese o número 14.2.1.

Disposición transitoria

Como consecuencia da modificación da estrutura orgánica que se establece neste decreto, modifícase a denominación e contido de servizos existentes con anterioridade, polo que se autoriza a conselleira de Vivenda e Solo, por proposta da secretaria xeral, para readscribir o persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, sendo de aplicación o establecido no artigo 62.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Vivenda e Solo para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de novembro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo