DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2007 Páx. 18.635

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

ORDE do 8 de novembro de 2007 pola que se dispón o nomeamento de vogal por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

No artigo 5.2º b) do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, establécese que o padroado do CGAC será o seu órgano reitor colexiado, indicando a composición dos seus membros, e que lle corresponde á conselleira de Cultura e Deporte o nomeamento dos vogais por designación entre persoas de recoñecido prestixio ou competencia en asuntos relacionados coa cultura e as artes plásticas ou que se distinguisen polos servizos ou axudas ao Centro Galego de Arte Contemporánea.

É polo que, conforme as facultades conferidas na disposición derradeira primeira do citado decreto,

DISPOÑO:

O nomeamento de María Luisa Sobrino Manzanares como vogal do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2007.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte