DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2007 Páx. 18.635

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

ORDE do 8 de novembro de 2007 pola que se dispón o cesamento de vogal por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

No artigo 5.2º b) do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, establécese que o Padroado do CGAC será o seu órgano reitor colexiado, indícase a composición dos seus membros e que lle corresponde á conselleira de Cultura e Deporte o nomeamento e cesamento dos vogais por designación.

É polo que conforme as facultades conferidas na disposición derradeira primeira do citado decreto,

DISPOÑO:

O cesamento, por petición propia, de Tomás Lloréns Serra como vogal do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2007.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE CULTURA

E DEPORTE