DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2007 Páx. 18.571

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 14 de novembro de 2007 pola que se dispón o nomeamento e a renovación do mandato de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante dispón que a designación dos vogais dos consellos de Administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades a que representen aqueles.

Polo exposto, e vista a proposta do Concello de Vilagarcía de Arousa, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear a Marcelino Abuín Duro e a Ramón Bueno Piñeiro como vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Segundo.-Renovar o mandato de José Luis Rivera Mallo como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes