DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2007 Páx. 18.571

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 14 de novembro de 2007 pola que se dispón o cesamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante dispón que a separación dos vogais dos consellos de Administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades a que representen aqueles.

Polo exposto, e vista a proposta do Concello de Vilagarcía de Arousa, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento de Roberto Araújo Cortegoso e Mª Covadonga García Toriello Romero como vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa, agradecéndolles os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES