DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2007 Páx. 18.501

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2007, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fan públicas as listas provisorias das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I, II, III e IV, correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2007 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 6 -procedemento- das condicións xerais do acordo da Comisión Paritaria de Acción Social respecto dos criterios de repartición deste fondo para o exercicio 2007 entre o persoal ao servizo da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma, ao cal se lle deu publicidade por medio da Resolución do 21 de maio de 2007, da Dirección Xeral de Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 102, do 29 de maio; esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisorias das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I, II, III e IV: axuda para fillos e para estudos dos fillos, axuda para estudos de funcionarios, axuda para minusvalideces e axudas por celiaquía, intolerancia á lactosa e Crohn. As devanditas listas están expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nos xulgados decanos e nas páxinas web: www.xudicial.xunta.es e http://cpapx.xunta.es/portal/xustiza/dxxpersoal.htm.

Segundo.-Os/as solicitantes destes programas poderán formular alegacións no prazo de quince días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no devandito punto 6 do acordo sobre criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio 2007. A presentación da documentación cómpre facela nos rexistros xerais dos órganos administrativos establecidos no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, e dirixilos á directora xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (praza de Europa, 5A, 4º; polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2007.

Begoña Santos Fernández

Directora xeral de Xustiza