DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2007 Páx. 18.500

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2007 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 26 de marzo pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 26 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.

Finalidade da axuda.-As axudas teñen por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social, para a realización de programas de incorporación sociolaboral que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.

Norma reguladora.-Orde do 26 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social (Diario Oficial de Galicia nº 65, do 2 de abril).

Crédito orzamentario: 577.985,35 euros, dos cales 513.327,35 euros corresponden á aplicación orzamentaria 05.31.312F.481.6 e 64.658 euros á aplicación 05.31.312F.481.4. Estas actuacións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2007.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "22400D001P008.PDF"

Ver referencia pdf "22400D002P009.PDF"