DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2007 Páx. 18.442

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 8 de novembro de 2007 pola que se modifica a do 17 de agosto de 2006 e se dispón o cesamento de membros da Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol.

O artigo 125.2º da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, establece que mediante orde da conselleira de Sanidade se determinarán a composición das comisións de participación cidadá e os sistemas de asignación de representantes de entre as distintas organizacións e entidades representadas no seu seo, así como os mecanismos para a súa designación.

Pola súa banda, o artigo 127 da citada lei determina que, tamén mediante orde, se establecerán as normas xerais de organización e funcionamento das comisións de participación cidadá.

Segundo o disposto no artigo 25 do Decreto 15/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura da Área Sanitaria de Ferrol, como órgano colexiado de natureza consultiva para a participación dos cidadáns, existirá unha comisión de participación cidadá. Ao abeiro do disposto nos referidos artigos 125.2º e 127 da antedita lei, apróbase a Orde do 27 de maio de 2005 pola que se aproba a composición, a organización e o funcionamento das comisións de participación cidadá.

Conforme o artigo 4 da Orde do 27 de maio de 2005, o nomeamento e separación dos membros deberá efectuarse, mediante orde da conselleira de Sanidade, por proposta de cada unha das representacións que o compoñen.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e os artigos 3, 4 e 5 da Orde do 27 de maio de 2005,

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesan como membros da Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol, as persoas que se citan no anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2007.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Relación de membros cesantes da Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol.

-Polo Concello das Pontes de García Rodríguez: Susana Vilaboy Cabarcos.

-Polo Concello de Cedeira: Olga Iglesias Bereijo.

-Polo Concello de Fene: José Manuel Permuy Martínez.

-Polo Concello de Ferrol: Vicente Lorenzo Luque e Juan Fernández García.

-Polo Concello de Pontedeume: Manuel Rei Romeo.

-Do persoal directivo: Ramón Veloso Rodríguez.

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE SANIDADE