DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2007 Páx. 18.372

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 177/2007, do 30 de agosto, polo que se modifica o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 166/1986, do 4 de xuño.

Advertidos erros no texto do devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 187, do 26 de setembro, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 15.870, ao final do quinto parágrafo, onde di: «un xogo máis vistoso e de xestión mais áxil no seu desenvolvemento», debe dicir: «un xogo máis vistoso e de xestión máis áxil no seu desenvolvemento».

Na páxina 15.871, no punto IV. Elementos persoais, onde di: «O/a xefe/a e o/a subxefe/a teñen por misión dirixir a partida e controlar os cambios realizados durante o seu curso, estalles prohibido manipular, de calquera xeito que sexa, os cartos, as placas ou as fichas», debe dicir: «O/a xefe/a e o/a subxefe/a teñen por misión dirixir a partida e controlar os cambios realizados durante o seu curso. Estalles prohibido manipular, de calquera xeito que sexa, os cartos, as placas ou as fichas».

Na páxina 15.873, no punto 3 b) onde di: «Non vai mais», debe dicir «Non vai máis».

Na páxina 15.873, no punto 3 d) onde di: «No suposto de que unha ficha ou calqueroutro obxecto ...», debe dicir «No suposto de que unha ficha ou calquera outro obxecto ...».

Na páxina 15.874, onde di: «Distribuidor ou sabot. É un recipiente onde se introducen as cartas, unha vez baralladas convenientemente para proceder a súa distribución.», debe dicir: «Distribuidor ou sabot. É un recipiente onde se introducen as cartas, unha vez baralladas convenientemente para proceder á súa distribución».

Na páxina 15.875, onde di: «Cando dous/dúas ou máis clientes/as xoguen nunha casa vacante, darase prioridade ao da aposta maior e,...», debe dicir: «Cando dous/dúas ou máis clientes/as xoguen nunha casa vacante, darase prioridade ao/á da aposta maior e,...».

Na páxina 15.881 no parágrafo onde di: «Se ningunha persoa xogadora sentada desexa adquirir a banca, ofréceseles ás que están de pé e,...», debe dicir: «Se ningunha persoa xogadora sentada desexa adquirir a banca, ofréceselles ás que están de pé e,...».

Na páxina 15.881 no parágrafo onde di: «Cando algunha persoa xogadora que está de pé adquire a banca (toma a man) e a volve pasar, aquela ofrécesllee primeiro á persoa xogadora ...», debe dicir: «Cando algunha persoa xogadora que está de pé adquire a banca (toma a man) e a volve pasar, aquela ofréceselle primeiro á persoa xogadora ...».

Na páxina 15.883 no parágrafo onde di: «Unha vez realizadas as apostas, e tras a voz do/da croupier «Non van máis apostas», a banca extraerá as cartas do sabot e distribuiraas de nunha e unha alternativamente ...», debe dicir «Unha vez realizadas as apostas, e tras a voz do/da croupier «Non van máis apostas», a banca extraerá as cartas do sabot e distribuiraas de unha en unha alternativamente ...».

Na páxina 15.884, no punto 8.III., parágrafo 2º, onde di: «Mesa de xogo: será ovalada, cun lixeiro corte ou fenda nun dous seus lados maiores, ...», debe dicir: «Mesa de xogo: será ovalada, cun lixeiro corte ou fenda nun dos seus lados maiores, ...».

Na páxina 15.886, no parágrafo onde di: «Pode pedir banco calquera persoa xogadora, estea sentada ou de pé, por unha soa vez e ao principio de cada partida. O banco comprenderá os dous panos, pero o xogo desenvolverase exactamente igual que se houbese dúas persoas xogadoras, de tal forma que a persoa xogadora non poderá ver as cartas do segundo pano pola persoa xogadora ata xogar no primeiro pano...», debe dicir: «Pode pedir banco calquera persoa xogadora, estea sentada ou de pé, por unha soa vez e ao principio de cada partida. O banco comprenderá os dous panos, pero o xogo desenvolverase exactamente igual que se houbese dúas persoas xogadoras, de tal forma que a persoa xogadora non poderá ver as cartas do segundo pano ata xogar no primeiro pano...».

Na páxina 15.886, no parágrafo onde di: «A continuación o/a croupier procederá ao pagamento das posturas gañadoras e á retirada das perdedoras; no caso de que a banca gañe nos dous panos, ou a súa ganancia nun sexa superior á perda outra, o/a croupier ingresará a cantidade que corresponda ao pozo ou cagnotte, na rañura destinada par o efecto. As ganancias do banqueiro/a pasarán a formar parte da banca...», debe dicir: «A continuación o/a croupier procederá ao pagamento das posturas gañadoras e á retirada das perdedoras; no caso de que a banca gañe nos dous panos, ou a súa ganancia nun sexa superior á perda outra, o/a croupier ingresará a cantidade que corresponda ao pozo ou cagnotte, na rañura destinada para o efecto. As ganancias do/a banqueiro/a pasarán a formar parte da banca...»

Na páxina 15.887, no punto 5, parágrafo 6, onde di: «Os casos non previstos non presente catálogo de xogos serán resoltos pola inspección de mesa», debe dicir: «Os casos non previstos no presente catálogo de xogos serán resoltos pola inspección de mesa».

En todas as referencias que se fan ao longo do decreto ao termo «cagnote», debe dicir «cagnotte».