DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2007 Páx. 18.083

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 209/2007, do 25 de outubro, polo que se dispón a substitución de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve esta lei, no artigo 16.1º c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á petición de substitución formalizada pola Federación do Ensino de Comisións Obreiras, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de outubro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

a) Francisco Magide Bizarro en representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino público non universitario de Galicia pola Federación do Ensino de Comisións Obreiras.

b) Sara Loureiro Vilarelle en representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino privado non universitario de Galicia pola Federación do Ensino de Comisións Obreiras.

Artigo 2º.-Nomear como membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

a) Víctor Manuel Rodríguez Gesto en representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino público non universitario de Galicia pola Federación do Ensino de Comisións Obreiras.

b) Xosé Marcial Comesaña Figueiras en representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino privado non universitario de Galicia pola Federación do Ensino de Comisións Obreiras.

Artigo 3º.-O mandato dos novos membros será polo tempo que resta para completar o período da representatividade que posúen.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de outubro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria