DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2007 Páx. 17.893

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2007 pola que se convoca un curso sobre operativa policial con estranxeiros.

Dentro das actividades programadas para o ano 2007, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial de Pontevedra, anúnciase a realización dun curso sobre operativa policial con estranxeiros, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Coñecer a normativa necesaria en materia de estranxeiría, para que os policías poidan atallar e resolver situacións conflitivas con estranxeiros e todos os posibles problemas que se lles poidan presentar na rúa.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros das forzas e corpos de seguridade da provincia de Pontevedra.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 21 de novembro ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Pontevedra-Área de Recursos Humanos e Formación (fax: 986 80 41 41), avenida Montero Ríos, s/n, 36001 Pontevedra; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase durante os días 26, 27, 28 e 29 de novembro de 2007.

O horario será das 16.00 ás 21.00 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

1. Observacións xerais sobre migración e estranxeiría.

2. Réxime comunitario e réxime xeral de estranxeiría.

3. Réxime de entrada, estadía e residencia.

4. Actuación operativa en materia de estranxeiría.

5. Documentación de españois.

5.1. DNI e pasaportes.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 23 de novembro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Pontevedra como pola Academia Galega de Seguridade Pública, os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 02 42/43/44 (Agasp) e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou 986 80 41 00, ext. 306/307 (Área de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra).

Lugar.

O curso desenvolverase no concello de Nigrán, quedando por concretar o seu lugar de realización que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial de Pontevedra, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 29 de outubro de 2007.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral da Academia Galega

de Seguridade Pública

Ver referencia pdf "21600D005P017.PDF"