DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2007 Páx. 17.893

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2006 destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos a estacións de transferencia ou plantas de xestión.

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2006, destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos a estacións de transferencia ou plantas de xestión máis próximas, cuxo importe é igual ou superior a 3.000 €.

Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o período comprendido entre o 1 de decembro de 2006 ata o 30 de novembro de 2007, o seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 27 de decembro de 2006, pola que se convocan as axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos a estacións de transferencia ou plantas de xestión máis próximas (DOG nº 3, do 4 de xaneiro de 2007).

b) Aplicación orzamentaria: 15.03.541.D.760.0.

c) Crédito orzamentario:

-300.000 € con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2007.

d) Finalidade da axuda: contribuír a abaratar os custos de transporte que teñen que sufragar os concellos polo transporte dos seus residuos sólidos urbanos ata a estación de transferencia ou planta de selección correspondente cando esta dista máis de 25 quilómetros da casa do concello.

e) Destinatarios: concellos, mancomunidades e agrupacións de municipios legalmente constituídas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumprindo os requisitos fixados pola orde da convocatoria non resultasen beneficiarias destas axudas ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2005 (DOG nº 249, do 29 de decembro).

f) Entidades beneficiarias e importe das axudas:

Entidade: Concello de Fornelos de Montes.

Axuda concedida, orzamentos 2007: 4.031 €.

Entidade: Concello de Vilaboa.

Axuda concedida, orzamentos 2007: 9.704 €.

Entidade: Concello de Castroverde.

Axuda concedida, orzamentos 2007: 3.044 €.

Entidade: Concello de Ponte Caldelas.

Axuda concedida, orzamentos 2007: 12.552 €.

Entidade: Concello de Soutomaior.

Axuda concedida, orzamentos 2007: 3.646 €.

Entidade: Concello de Piñor.

Axuda concedida, orzamentos 2007: 3.118 €.

Entidade: Concello de Sobrado.

Axuda concedida, orzamentos 2007: 5.331 €.

Entidade: Concello de Paradela.

Axuda concedida, orzamentos 2007: 4.883 €.

Entidade: Concello de Folgoso do Courel.

Axuda concedida, orzamentos 2007: 13.301 €.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2007.

Joaquín Lucas Buergo del Río

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental