DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2007 Páx. 17.892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se autorizan programas de garantía social no centro privado Agarimo de Arteixo (A Coruña) para o curso escolar 2007/2008.

En virtude da Orde do 5 de maio de 1997 (DOG do 29 de maio) pola que se regulan os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais,

RESOLVE:

Autorizar os programas de garantía social que se relacionan no anexo desta resolución no centro privado Agarimo de Arteixo para o curso 2007/2008.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2007.

María José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación

Educativa

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Arteixo.

Enderezo: Cidade Muchachos Agarimo, Laxobre.

Centro privado Agarimo.

Código: 15020431.

1 PGS Operario de albanelaría.

1 PGS Axudante de servizos de restaurante e bar.

1 PGS Servizos auxiliares de oficina.

1 PGS Operario de viveiros e xardíns.

1 PGS Operario de carpintaría de madeira maciza.