DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2007 Páx. 17.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2007, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 30 de maio de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de prevención do alcoholismo.

En cumprimento do disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 9.2º da Orde do 30 de maio de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 110, do 8 de xuño), pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de prevención do alcoholismo, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde.

Crédito orzamentario: 200.000 € con cargo á aplicación 1301.413A.481.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, distribuídos da seguinte forma:

a) Para as axudas destinadas ao mantemento dos programas e actividades de prevención do alcoholismo que se sinalan no artigo 3.1º: 130.000 €.

b) Para as axudas destinadas a programas innovadores na prevención do alcoholismo (artigo 3.2º): 70.000 €. No caso de que non se chegase a esgotar esta cantidade, o sobrante pasaría a incrementar o importe da alínea a).

Beneficiarios, importe e finalidade da subvención: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2007.

Cayetano Rodríguez Escudero

Secretario do Servizo Galego de Saúde

Ver referencia pdf "21400D005P023.PDF"