DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2007 Páx. 17.744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2007 pola que se conceden as axudas da Orde do 3 de agosto de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 156, do 13 de agosto) pola que se convocan axudas correspondentes a accións de divulgación e comunicación científica e tecnolóxica (Diverciencia) no marco do programa de comunicación e sensibilización social (CSS) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) para o ano 2007.

A orde da Consellería de Innovación e Industria do 3 de agosto de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 156, do 13 de agosto) aproba as bases que rexerán a convocatoria de axudas correspondentes a accións de divulgación e comunicación científica e tecnolóxica no marco do programa de comunicación e sensibilización social (CSS) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) para o ano 2007.

Conforme o disposto no artigo 9 das bases reguladoras da dita convocatoria, e unha vez rematado o prazo de corrección de solicitudes, as solicitudes admitidas foron avaliadas pola comisión de valoración o día 15 de outubro de 2007.

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as axudas ás entidades do Sistema Universitario de Galicia, centros públicos de investigación, centros tecnolóxicos e agrupacións sen ánimo de lucro que se relacionen no anexo I desta resolución.

Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia das axudas ás cales se refire o anexo I, a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación procederá, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito, a adxudicarlles a dita axuda a outras solicitudes de conformidade coa lista de suplentes elaborada pola comisión de valoración, e que se relacionan no anexo II desta resolución.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das obrigas establecidas nas bases da convocatoria suporía a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Innovación e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrara en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, de 25 outubro de 2007.

P.D. (Orde 31-1-2006)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "21400D002P020.PDF"