DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2007 Páx. 17.659

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 29 de outubro de 2007 pola que se dispón o cesamento de vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades a que representen aqueles.

Polo exposto, e vista a proposta do Concello de Moaña, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento de Julio Martínez Rodríguez como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría, en representación do Concello de Moaña, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras

Públicas e Transportes

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES