DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2007 Páx. 17.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2007 pola que se convoca a segunda edición do seminario interadministrativo sobre desenvolvemento de proxectos innovadores para persoal da Administración local e autonómica.

No marco do IV Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas do 21 de setembro de 2005, que se plasma para o exercicio 2007 na Resolución do 14 de febreiro de 2007 do INAP, pola que se convocan axudas para plans de formación interadministrativos (BOE nº 48, do 24 de febreiro) e dentro das actividades da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convócase este seminario para o desenvolvemento de proxectos innovadores complexos, coa participación de axentes diversos de cara a fins comúns. O programa xerará un amplo espazo de intercambio e de participación e colaboración entre responsables da Administración autonómica e local. Este programa pretende a dinamización da administración autonómica e dos seus vínculos e cooperación con outras administracións e pretende a definición, deseño e desenvolvemento de proxectos innovadores que resolvan necesidades estruturais e complexas.

O seminario deberá desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Os obxectivos do programa son a xeración de proxectos de innovación complexos, mediante intercambio de experiencias e información, definindo o proxecto, compartíndoo e dándolle sentido, horizonte e obxectivos, coa idea de establecer as bases para una cooperación eficaz entre as diversas partes; incorporar una metodoloxía de traballo en común e de cooperación cara a innovación; desenvolver procesos de traballo grupal e de mellora continua no propio traballo e no conxunto; sentar as bases para una colaboración e cooperación eficaz e os soportes informáticos necesarios para ela e resolver problemas complexos a través de proxectos de innovación interdisciplinarios e que precisan de moita coordinación.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal das administracións local e autonómica con responsabilidades en materia de xestión de proxectos innovadores. Poderán participar nesta acción formativa os empregados públicos e as empregadas públicas que se encontran en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.

As persoas solicitantes deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

-Ordenador con conexión á internet.

-Calquera navegador web co plugin de flash.

-Conta de correo electrónico especificada na solicitude.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.

Preferencias:

-Persoal funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral de grupos I e II.

-Persoal eventual.

Criterios de selección:

De acordo co disposto na Resolución do 30 de xaneiro de 2007, pola cal se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública (DOG nº 27, do 7 de febreiro) e dada a especialidade da actividade os criterios de selección serán os seguintes:

1. Desempeño na actualidade dun posto de traballo en que se xestionen proxectos innovadores, o que se acreditará a través da certificación a que se refire o punto anterior do responsable do órgano administrativo onde preste os seus servizos.

2. Experiencia nos últimos 2 anos nun posto de traballo relacionado coa xestión de proxectos, o que se acreditará a través dunha certificación do responsable do servizo ou do departamento en que se xestionaron tales proxectos na Administración correspondente.

Supletoriamente rexerán os criterios recollidos da Resolución do 30 de xaneiro de 2007 (DOG nº 27, do 7 de febreiro) pola cal se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública.

Terceira.-Prazas: 16.

Do total das prazas convocadas reservaranse 8 para persoal da Administración local e outras 8 para persoal da Administración autonómica. No suposto de que calquera das cotas asignadas aos grupos de persoal anteriores non se cubra, as prazas restantes engadiranse ao outro grupo.

Cuarta.-Ciclo de traballo e metodoloxía:

O seminario ten unha duración de 40 horas e estrutúrase en dúas partes: 20 horas presenciais e 20 horas a distancia.

Primeira fase (20 horas):

Seguirase una metodoloxía mining, que permite o desenvolvemento de espazos de innovación fundamentándose na acción-reforma e na experiencia dos participantes, aplicando a máxima de aprender facendo en grupo. El ciclo de traballo será de catro reunións, dunha duración cada unha de 5 horas.

Primeira reunión: coñecemento mutuo, innovación (linguaxe común). Primeira aproximación ao estado das cousas. O papel do observador. Plan de traballo e tarefas para compartir.

Segunda reunión: intercambio e xeración da linguaxe común. Análise de experiencias. Sistema amplo de intercambios. O papel do grupo e da memoria. Tarefa: como mellorar o noso proxecto de traballo.

Terceira reunión: busca de áreas de interese común a partir das experiencias. Forxa de novos proxectos interlocais, e/ou proceso de mellora dos proxectos individuais. O papel do director. Tarefa: rematar proxectos ou consolidalos.

Cuarta reunión: presentación conxunta de proxectos ¿Como traballamos? Redes de intercambio, de colaboración e de participación.

Segunda fase en paralelo (20 horas): o ciclo complementase cun espazo de intercambio e de innovación, unha plataforma moodle que permitirá o intercambio de experiencias e información, foros, mails, etc. e tamén o traballo en común sobre proxectos conxuntos ou participados por varias persoas.

Quinta.-Desenvolvemento e lugar de celebración.

Primeira fase: 15, 22 e 29 de novembro, e 11 de decembro de 2007 en horario das 16.00 ás 21.00 horas, en Santiago de Compostela na sede da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid 2-4.

Segunda fase: desenvolverase do 15 de novembro ao 15 de decembro en paralelo co ciclo. Esta fase se desenvolverse a través da plataforma de teleformación que se estableza.

Sexta.-Solicitudes.

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir necesariamente o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es, de acordo co disposto na base sétima desta resolución, non sendo admisibles outros modelos de solicitudes.

b) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

c) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude oficialmente establecido sinalado no punto anterior, ou sexan presentadas fóra de prazo.

d) As solicitudes cubertas adecuadamente de acordo coa base sétima entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matrícula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. No caso de que os interesados necesiten presentar documentación complementaria que acredite circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, poderán remitir á EGAP unha copia do formulario de matrícula e a devandita documentación por fax ao número 981 54 63 30 ou correo electrónico ao enderezo local.egap@xunta.es , sempre coa maior celeridade posible para que poida ser tida en conta na selección, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

e) Deberá utilizarse exclusivamente unha das modalidades de remisión. No caso de encontrárense varias solicitudes dunha mesma persoa só, serán considerados os datos achegados a través da internet.

f) O prazo de presentación de solicitudes rematará o 9 de novembro de 2007 ás 14.00 horas.

Sétima.-Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude regulados nesta resolución serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da aplicación informática de matrícula en liña da Escola Galega de Administración Pública, que poden encontrar no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matricula.

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á EGAP a través do número de teléfono 981 54 62 57 ou 981 54 63 23, o fax: 981 546 330 ou enderezo de correo electrónico matricula.egap@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Oitava.-Publicación das relacións do persoal seleccionado.

a) A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da páxina web da EGAP http://www.egap.xunta.es unha relación provisoria das persoas seleccionadas para participaren no seminario, así como un número adecuado de reservas. Ademais, para unha maior difusión, serán informados da súa selección a través do correo electrónico. As persoas que non figuren na relación, non foron seleccionadas polo que ocupan un posto máis afastado na lista de reservas, ou ben foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6º b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) A EGAP solicitará, se é o caso, ao centro directivo en que está adscrita a persoa preseleccionada ou xefatura de persoal da entidade correspondente a documentación acreditativa da veracidade dos datos expostos na solicitude, así como a certificación de que a materia do curso ten relación co posto de traballo.

c) O persoal preseleccionado só poderá renunciar ao seminario por causa de forza maior suficientemente xustificada, necesidade do servizo ou outras causas xustificadas, sempre que así o acredite documentalmente a persoa responsable do departamento administrativo en que desenvolva o seu labor ou a través dun documento que acredite o feito alegado. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de 3 días hábiles anteriores ao inicio do seminario co fin de cubrir a vacante. A renuncia non justificada, ou non acreditada documentalmente a causa que a produce, suporá a exclusión do seleccionado nas convocatorias do ano seguinte, de acordo co disposto na Resolución de 30 de xaneiro de 2007 pola cal se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública.

d) A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da páxina web da EGAP http://www.egap.xunta.es o listado definitivo de admitidos ao seminario. A persoa seleccionada deberá comunicarlle á persoa responsable do seu centro directivo a selección na actividade en caso de coincidir co horario de traballo, pois neste suposto deberá contar coa súa autorización, que terá que presentarlle ao comezo do seminario ao responsable da actividade formativa ou á EGAP. Por necesidades do servizo ou causas debidamente motivadas poderá negarse a asistencia ao seminario, circunstancia que debe ser comunicada á EGAP.

e) Non serán admitidos en ningún caso cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

Novena.-Asistencia aos cursos.

Durante a realización das actividades formativas levarase un control permanente de asistencias a través dos sistemas que se establezan para o efecto e, así mesmo, constarán como incidencia as ausencias dentro de cada sesión. Isto implica que o persoal que participe nos cursos terá que anotar a hora de chegada ou saída, no caso de facelo durante a duración oficial do curso, para poder acreditar o tempo que faltou. De non facelo así e realizarse un control de asistencia extraordinario, perderá o dereito a recibir o certificado.

Tamén será obxecto de control a segunda fase do curso a través da certificación que emitan os profesores referente á participación dos alumnos.

Décima.-Certificados.

a) Outorgaráselle o correspondente certificado de asistencia ao alumnado que participe con regularidade e dedicación no desenvolvemento do seminario. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado, a EGAP poderá fixar a realización das probas que considere oportunas.

b) É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións do seminario. Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas, que se acreditará documentalmente ante o servizo competente da EGAP ou a persoa responsable do seminario nun prazo máximo de 10 días despois de que este finalice e que, en ningún caso, poderá superar o 15% das horas lectivas. As ausencias aínda xustificada superiores ao 15% do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma.

c) A falta de asistencia dun número de horas superior ao 15% das horas lectivas sen xustificación ou a falta de acreditación documental da causa alegada determinará non só a perda do dereito ao certificado acreditativo da participación no seminario senón tamén que os participantes poderán ser excluídos das convocatorias das actividades formativas da EGAP durante o prazo dun ano contado desde a finalización do seminario.

d) Para que quede coñecemento e constancia no seu expediente, as persoas participantes no seminario terán que facilitarlles unha copia das certificacións recibidas aos servizos de persoal do centro directivo a que estean adscritos.

Novena.-Facultades da EGAP.

a) A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e a xestión do seminario. Así mesmo, corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

b) A EGAP poderá modificar o desenvolvemento e os contidos do seminario, as datas e os lugares, así como todas as continxencias que poidan xurdir.

c) No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender ou cancelar esta actividade, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2007.

Antonio Izquierdo Escribano

Director da Escola Galega de Administración Pública

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS