DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2007 Páx. 17.389

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2007 pola que se convocan unhas xornadas sobre a propiedade intelectual e a súa tutela xurídica.

Dentro das actividades programadas para o ano 2007, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre a propiedade intelectual e a súa tutela xurídica, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Saber cal é a situación actual en relación con esta temática e o impacto e a repercusión económica e social que ten sobre a economía e o mercado de traballo.

-Coñecer a normativa aplicable e as técnicas operativas e policiais para tentar reducir ou frenar esta problemática, tanto desde o punto de vista xurídico como policial.

Destinatarios.

Membros das forzas e corpos de seguranza, vixiancia aduaneira e outros colectivos interesados.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan nestas xornadas é de 80.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá cubrir a solicitude que figura na páxina web http://agasp.xunta.es, ou enviar cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 12 de novembro, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade Pública: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 986 59 00 28), ou entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas e horario.

As xornadas desenvolveranse durante os días 14 e 15 de novembro. O día 14 en xornada de mañá (9.30 a 14.00 h) e tarde (16.00 a 19.30 h); e o día 15 só en xornada de mañá (10.00 a 14.00 h).

Contido.

-Perspectiva global da pirataría no mundo da propiedade intelectual: repercusión cultural, social e económica.

-A pirataría de contidos na internet: perspectivas, investigación e experiencias prácticas, etc.

-Tratamento do ordenamento xurídico penal nos delitos contra a propiedade intelectual.

- Operativa policial relacionada coa propiedade intelectual.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 13 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

As xornadas desenvolveranse na sede da Academia Galega de Seguridade Pública.

Certificado de asistencia.

Ao remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nelas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 23 de outubro de 2007.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Ver referencia pdf "21000D009P017.PDF"