DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2007 Páx. 17.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de outubro de 2007 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ao profesorado de niveis non-universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2007 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica ou polas asociacións e fundacións con fins pedagóxicos.

Por Orde do 28 de maio de 2007 (DOG do 6 de xuño), conváronse axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ao profesorado de niveis non-universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2007 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica ou polas asociacións e fundacións con fins pedagóxicos, legalmente constituídas, aprobáronse as súas bases reguladoras.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ao concepto orzamentario 09.02.422I.481.0, as axudas que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Denegar as axudas solicitadas, polos motivos que se especifican, ás asociacións que figuran no anexo II desta orde.

Terceiro.-O pagamento das axudas económicas farase unha vez realizada a debida xustificación. A xustificación farase de xeito individualizado, por actividade, segundo a cantidade asignada pola comisión de selección.

Cuarto.-O prazo de xustificación das actividades realizadas ata o 30 de setembro de 2007 será dentro dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta orde de resolución de convocatoria; as actividades que se realicen en outubro e novembro deberán xustificarse antes do 30 de novembro do mesmo ano.

Quinto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para ditar as instrucións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Sexto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29 /1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "21000D006P014.PDF"

Ver referencia pdf "21000D008P015.PDF"