DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2007 Páx. 17.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de outubro de 2007 pola que se modifica a do 28 de maio, pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 39.2º que a formación profesional no sistema educativo ten por finalidade preparar os alumnos e alumnas para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que se poden producir ao longo da súa vida.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificación e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional; cualificación e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das diversas modalidades formativas.

A Orde do 23 de abril de 2007 regulou o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional, en réxime ordinario e para as persoas adultas, e as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior.

A Orde do 28 de maio de 2007 actualizou a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste contexto, a necesidade de manter en todo momento actualizada a oferta educativa dos centros xustifica a súa revisión periódica, de xeito que o alumnado que remate o ensino secundario obrigatorio e as modalidades de bacharelato, así como as persoas adultas, posúan unha oferta de ciclos formativos de grao medio e superior diversificada e adaptada ás súas necesidades e ás demandas do mercado laboral.

De acordo co Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e de conformidade coa proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Modificar a Orde do 28 de maio de 2007 pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, engadindo á oferta educativa que figura no seu anexo a autorización para impartir os ciclos formativos que se relacionan no anexo desta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse a Secretaría Xeral, a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para adoptaren as medidas necesarias para a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Lugo.

Concello: Burela.

Código centro: 27013958.

Centro: IES Monte Castelo.

Código ciclo: CS02002.

Ciclo: animación de actividades físicas e deportivas.

Ourense.

Concello: Carballeda de Valdeorras.

Código centro: 32016467.

Centro: IES Sección de Sobradelo-Carballeda.

Código ciclo: M218008.

Ciclo: cubrición de edificios: lousas.

Concello: Maceda.

Código centro: 32016467.

Centro: IES San Mamede.

Código:CM14001.

Ciclo: explotación de sistemas informáticos.

Pontevedra

Concello: A Guarda.

Código centro: 36019244.

Centro: IES A Sangriña.

Código ciclo: CM16001.

Ciclo: Carrozaría.