DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2007 Páx. 17.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 202/2007, do 18 de outubro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da seguranza viaria nas estradas AC-122: p.k. 3+340 ao 4+900 e AC-133: p.k. 4+630 ao 7+000. Clave AC/06/211.06.

Con data do 19 de xullo de 2007 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de mellora da seguranza viaria nas estradas AC-122: p.k. 3+340 ao 4+900 e AC-133: p.k. 4+630 ao 7+000. Clave AC/06/211.06.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas, e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguranza viaria. As múltiples edificacións dispersas que hai no contorno da estrada xeran moito tránsito peonil, polo que é necesario darlle unha alternativa segura afastada do tráfico rodado. Tamén é necesario mellorar algunhas interseccións de camiños que teñen pouca visibilidade.

En virtude de todo lo exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de outubro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído para efectos de expropiación no proxecto de mellora da seguranza viaria nas estradas AC-122: p.k. 3+340 ao 4+900 e AC-133: p.k. 4+630 ao 7+000. Clave AC/06/211.06.

Santiago de Compostela, dezaoito de outubro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial

Obras Públicas e Transportes