DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2007 Páx. 17.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 201/2007, do 18 de outubro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da seguranza viaria na AC-566 Narón (AC-862)-Campo do Hospital (AC-862); p.k. 1+150 ao 2+570. Clave AC/06/212.06.

Con data do 10 de setembro de 2007, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de mellora da seguranza viaria na AC-566 Narón (AC-862)-Campo do Hospital (AC-862); p.k. 1+150 ao 2+570. Clave AC/06/212.06.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas, e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguranza viaria. No contorno da estrada xurdiron varias empresas que provocan moito movemento de camións, para regular os accesos á estrada é necesario reformala para dotala de vías de servizo o que obriga a reformar as interseccións.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, e deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de outubro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído para efectos de expropiación no proxecto de mellora da seguranza viaria na AC-566 Narón (AC-862)-Campo do Hospital (AC-862); p.k. 1+150 ao 2+570. Clave AC/06/212.06.

Santiago de Compostela, dezaoito de outubro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial

Obras Públicas e Transportes