DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2007 Páx. 17.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2007 pola que se procede a darlles publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2007 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións encamiñadas ao fomento da seguridade e saúde no ámbito da minaría galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2007 (IN303A) (Diario Oficial de Galicia número 89, do 9 de maio).

De conformidade co artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e co atigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia, e nos termos que se fixen regulamentariamente, as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario a que se imputen, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade ou as finalidades da subvención.

No artigo 21 do anexo I da Orde do 26 de abril de 2007 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións encamiñadas ao fomento da seguridade e saúde no ámbito da minaría galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2007 (IN303A) (DOG nº 89, do 9 de maio), establécese que no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Único.-Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2007 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións encamiñadas ao fomento da seguridade e saúde no ámbito da minaría galega, que se relacionan no seguinte anexo «Subvencións concedidas».

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2007.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

Ver referencia pdf "20900D003P007.PDF"