DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2007 Páx. 17.331

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de outubro de 2007 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Santo Domingo da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Santo Domingo da Coruña, en que solicita o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial, Padres Dominicos cede a súa titularidade, para todos os efectos, a Fundación Educativa Santo Domingo, aceptando esta a dita cesión.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente os requisitos exixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o cambio de titularidade do centro privado Santo Domingo da Coruña, código 15004654, a favor da Fundación Educativa Santo Domingo, con todos os dereitos e obrigas contraídas polo cesionista Padres Dominicos, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza. O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo.-Inscribir esta modificación no Rexistro de Centros dependente desta consellería.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria