A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada polo Servizo Galego de Saúde e que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2007.
Mª José Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Cuantificación dos custos sociais do consumo de drogas ilegais na Comunidade Autónoma de Galicia: 6 .