DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2007 Páx. 17.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2007 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de abril de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a incentivación da demanda comercial (liña INCEN), fomento da cooperación empresarial e da calidade (liña COOP) e desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos de Galicia e eixes comerciais (liña MECCA) en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria (IN 219 A) (Diario Oficial de Galicia número 70, do 11 de abril).

O artigo 21º das bases reguladoras da orde dispón: «No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de abril de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a incentivación da demanda comercial (liña INCEN), fomento da cooperación empresarial e da calidade (liña COOP) e desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos de Galicia e eixes comerciais (liña MECCA) en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria (IN 219 A), con cargo á aplicación orzamentaria 10.05.751A.781.1. Asociacionismo comercial e integracións estratéxicas para o ano 2007.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2007.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación e Industria

Ver referencia pdf "20800D001P007.PDF"