DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2007 Páx. 17.218

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2007, da Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei do Estado 17/2007, do 4 de xullo, pola que se modifica a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, para adaptala ao disposto na Directiva 2003/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de xuño de 2003, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificada pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta secretaría dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2007.

Antonio Javier Ferreira Fernández

Secretario xeral e de Relacións Institucionais

ANEXO

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión que tivo lugar o día 28 de setembro de 2007, adoptou o seguinte acordo:

1º Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas sobre o artigo único, puntos 8 e 9, da Lei do Estado 17/2007, do 4 de xullo, pola que se modifica a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, para adaptala ao disposto na Directiva 2003/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de xuño de 2003, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade, en canto modifica os artigos 3.2ºa) e 3.3ºc) da Lei 54/1997.

2º Designar un grupo de traballo para lle propor á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional, antes do próximo día 5 de outubro de 2007 por calquera dos órganos mencionados no artigo 33.2º da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, para os efectos que no propio precepto se recollen, así como inserir este acordo no BOE e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 28 de setembro de 2007. Elena Salgado Méndez, ministra de Administracións Públicas. Anxo Manuel Quintana González, vicepresidente da Igualdade e do Benestar.