DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2007 Páx. 17.160

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2007 pola que se convoca un curso sobre técnicas de defensa persoal policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2007, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a realización dun curso sobre técnicas de defensa persoal policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer e dominar as técnicas básicas de defensa persoal policial, que lle permitan ao policía manter un alto nivel de seguridade e autoconfianza nas súas intervencións máis problemáticas.

-Coñecer e practicar novas técnicas de defensa persoal policial, como ferramenta para un axeitado uso da forza no desempeño profesional.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía local da provincia da Coruña.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 5 de novembro ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña-Servizo de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 54): avenida Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase durante os días 9, 10, 16 e 17 de novembro de 2007.

O horario será o seguinte: os venres das 17.00 ás 20.30 horas e os sábados das 11.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 20.30 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

-Prácticas básicas de defensa persoal policial.

-Técnicas de agrilloamento e bastón policial.

-Prácticas de técnicas operativas de defensa persoal policial.

-Novas técnicas aplicables á defensa persoal policial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos faraa pública o día 7 de novembro, a partir das 14.00 horas, tanto a Deputación Provincial da Coruña como a Academia Galega de Seguridade Pública; os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 02 42/43/44 (Agasp) e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou 981 18 33 33 (Servizo de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

Lugar.

O curso desenvolverase no Concello de Fene e quedan por concretar o seu lugar de realización, que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 16 de outubro de 2007.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Ver referencia pdf "20600D005P012.PDF"