DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2007 Páx. 17.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2007 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, e se procede á súa convocatoria (IN511A) (Diario Oficial de Galicia número 73, do 16 de abril de 2007).

O artigo 21º das bases reguladoras dispón: «No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención», e unha vez resoltas por Resolución do 25 de setembro de 2007,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, e se procede á súa convocatoria (IN511A).

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2007.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "20600D002P009.PDF"

Ver referencia pdf "20600D004P011.PDF"