DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2007 Páx. 17.003

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 11 de outubro de 2007 pola que se dispón o nomeamento de vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das administracións públicas, entidades e organismos ás que aqueles representen.

Polo exposto, e vista a proposta do Concello de Marín, e en exercicio da facultade que me foi atribuía polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O nomeamento de Manuel Ruibal Pardavila como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra, en representación do Concello de Marín.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes