DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2007 Páx. 17.003

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 11 de outubro de 2007 pola que se dispón o cesamento de vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades que aqueles representen.

Polo exposto, e vista a proposta do Concello de Marín, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento de Francisco Antonio Santiago Fernández como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra, en representación do Concello de Marín, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES