DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2007 Páx. 16.974

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2007 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, asinados no segundo cuadrimestre do ano 2007.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos por este organismo autónomo no segundo cuadrimestre do ano 2007 e que a continuación se enuncian.

Asinantes: Instituto Galego da Vivenda e Solo e Universidade de Santiago de Compostela.

Obxecto: realización do curso de experto en dereito urbanístico.

Data da sinatura: 19-7-2007.

Achega: 6.000 €.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2007.

Daniel Pino Vicente

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo