DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2007 Páx. 16.967

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería nos meses de abril, maio, xuño, xullo e agosto deste ano.

O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) dispón que cada consellería da Xunta de Galicia publicará no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible nos meses de abril, maio, xuño, xullo e agosto do ano 2007, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2007.

Jorge A. Santiso Blanco

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

Ver referencia pdf "20300D003P006.PDF"

Ver referencia pdf "20300D004P007.PDF"

Ver referencia pdf "20300D005P009.PDF"