DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2007 Páx. 16.966

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 15 de outubro de 2007 pola que se modifica o artigo 6 dos anexos I, II, III e IV da do 26 de abril (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) pola que se establecen as bases para a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.

Pola Orde do 26 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) establécense as bases para a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.

No artigo 6 dos anexos I, II, III e IV da devandita orde establécese que, para proceder ao libramento dos fondos e percibir as axudas correspondentes, será preciso presentar na data límite do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a documentación requirida.

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado polo volume de solicitudes presentadas e polo longo proceso de avaliación, e co fin de viabilizar o proceso de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o referido artigo 6 dos anexos I, II, III e IV,

DISPOÑO:

A modificación do artigo 6 dos anexos I, II, III e IV da Orde do 26 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) pola que se establecen as bases para a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), e se procede á súa convocatoria para o ano 2007, no referente ao prazo de presentación dos xustificantes correspondentes aos gastos realizados no ano 2007, do seguinte xeito:

O prazo, para cada tecnoloxía sectorial, será regulado na publicación da resolución desta.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2007.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria