DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2007 Páx. 16.925

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2007, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, pola que se actualiza o punto segundo do anexo previsto na Orde do 26 de febreiro de 1993 pola que se regula a expedición de ordes de pagamento para xustificar.

A orde da Consellería de Economía e Facenda, do 26 de febreiro de 1993, pola que se regula a expedición de pagamentos para xustificar, modificada pola Orde do 26 de setembro de 2006, relaciona no seu anexo as aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se poden emitir ordes de pagamento para xustificar.

A Lei 14/2006, do 28 de decembro, aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007 e, como consecuencia da nova clasificación funcional que establece, é precisa a modificación do anexo que figura na devandita orde.

De acordo co anterior e coas peticións formuladas polas distintas consellerías e entidades que figuran no anexo, e por mor da facultade de actualización que me outorga a disposición adicional da Orde do 26 de febreiro de 1993, introducida pola devandita Orde do 26 de setembro de 2006,

RESOLVO:

Actualizar o punto segundo do anexo previsto na Orde do 26 de febreiro de 1993, pola que se regula a expedición de ordes de pagamento para xustificar, que contén con carácter particular a relación das aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se poderán emitir ordes de pagamento para xustificar, de conformidade coa disposición adicional da citada orde. O devandito punto quedará redactado do modo que se indica no anexo a esta resolución.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2007.

Germán Ferreiro Vilariño

Interventor xeral da Comunidade Autónoma

Ver referencia pdf "20200D002P013.PDF"